top of page

A Feira do Cocido de Lalín do 2022 aprázase ao 24 de abril debido á situación epidemiolóxica

Ecos da Comarca/Lalín

Un ano máis a pandemia está provocando que as citas tradicionais se apracen ou directamente xa nin se celebren. E unha vez máis famosa Feira do Cocido de Lalín cambiará de data. Tocaríalle ser no mes de febreiro, o día 20, pero tal e como indicou o equipo de goberno, tras consensualo coa hostalaría, deberá agardar uns meses máis. En principio a data fixada é o 24 de abril, pero todo dependerá de como evolucione a pandemia.

Porque esta é a causante de que se tomase a decisión de aprazala dando o número de contaxios que se rexistran no municipio e tamén a nivel xeral e sabendo que é un evento que atrae a moitos visitantes.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page