top of page

A Feira do Cabalo da Comarca da Ulloa repartirá 2.415 euros en premios

A cita será o 8 de agosto en Vilar de Donas, Palas de Rei


Laura Moure/Palas de Rei

O sábado, 8 de agosto, Vilar de Donas, en Palas de Rei, acollerá a edición XXXIII da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, na pista do hipódromo do lugar. Un total de sete probas terán lugar durante a xornada que arranca as 10:30 horas no recinto cabalar.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Pola mañá, celebraranse as probas de andadura a dous tempos (serrada) e a catro tempos (chapeada), así como, a de trote de trotóns. Pola tarde, serán as probas de velocidade de cruzados, árabe, así como, as carreira de burros, a proba de estampa e beleza e a partires das 18:00 horas terá lugar o espectáculo de “la magia del Caballo”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este ano, repartiranse un total de 2.415 euros en premios nas sete categorías de probas da xornada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Onte tivo lugar o acto de presentación no Salón de Plenos do Concello ao que asistiu o alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada, a concelleira, Alicia López, o concelleiro, Rodrígo Goméz e representantes da Asociación a Capela de Vilar de Donas, Raúl López e Manuel Escariz e veciños de Vilar de Donas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page