top of page

A Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza benefícianse das axudas da Xunta

Están dirixidas a financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 35 entidades


Ecos da Comarca/Lalín

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 35 entidades. Das comarcas benefíciase Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza (FAFADE) de Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilitou este ano unha partida de 60.271euros co obxectivo de contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outra administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page