top of page

A familia do home desaparecido en Añobre recibe unha pista de que foi visto o martes en Padrón

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Estaba no parque Río Sar que está situado xunto a empresa Finsa e que se atopa entre esta localidade coruñesa e a pontevedresa de Pontecesures


Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

Continúa a búsqueda de Luis Mella Caldelas, veciño da parroquia cruceña de Añobre, que leva 12 días en paradoiro descoñecido. O seu irmán acaba de informarlle a este xornal que hai unha pista fiable que o sitúan o martes pola noite no Parque Río Sar, cerca da factoría que a empresa Finsa ten en Padrón (A Coruña) e moi próximo a localidade de Pontecesures (Pontevedra).

Luis Mella.

Luis Mella ten 38 anos e no momento da súa desaparición vestía un pantalón vaqueiro de cor gris, unha camiseta branca e uns 'zapatóns' de traballo e ten barba. "Chamounos unha chica de Rois que o viu o martes ás nove da noite neste parque. Era cen por cen a súa descrición", asegura seu irmán. "Polo que dixo a rapaza está bastante sucio. E el non vai estar onde haxa xente, sempre anda por zonas apartadas", apunta.


A Garda Civil xa está ao tanto. Cabe mencionar que lamentablemente non é a primeira vez que falta da súa casa, porque presenta unhas circunstancias especiais. "A verdade non é violento e se lle falan tal e como está 12 días sen comer estará coa garda baixa e non haberá problema. Da outra vez, atopouno un camioneiro e parouno e deixouse axudar sen problema, pero el pedir axuda non a vai pedir", recalca seu irmán.


A familia pide difusión para dar co seu paradoiro canto antes. Se alguén ten algún dato que poida axudar a localizalo pode poñerse en contacto con este xornal a través do noso correo (ecosdacomarca@gmail.com) ou directamente coa Garda Civil.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page