top of page

A extensión da fibra óptica chegou xa a 150 núcleos rurais do municipio de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este concello é un dos municipios galegos onde chegará o plan UNICO do Estado para seguir implementando esta tecnoloxía


Laura Moure/Silleda

Un total de 150 núcleos rurais de distintas parroquias de Silleda dispoñen xa de cobertura de fibra óptica a través do programa Pebang 2019, que está a executar a empresa Telefónica dende o pasado ano. O plan presentado pola compañía no seu día no Concello incluía nesta primeira fase a cobertura de máis de 3.200 fogares, se ben a as obras para a extensión da rede se viron retrasadas por mor da pandemia.


Esta primeira dotación para a extensión de fibra óptica acometese a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento, co proxecto de extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades de poboación de Galicia. Esta dotación permitirá que nas denominadas como zonas brancas, nas que non existe cobertura dun mínimo de 30 megas, poidan disponer desta tecnoloxía. A fibra óptica, tamén denomindada FTTH (Fiber to the home) presenta entre as súas vantaxes unha gran velocidade na transmisión de datos (poden acadarse velocidades de 1 Gigabit por segundo e recibir varias canles de TV de Alta Definición e 3D simultáneamente) ou para servizos de videoconferencia de alta calidade.

Tamén mellora a capacidade e calidade de transmisión, e mellora a seguridade á hora de transmitir datos. A día de hoxe xa contan con cobertura real 150 núcleos de poboación repartidos nas parroquias de Abades, O Castro, Saídres, Manduas, Ansemil, Martixe, Cortegada, Breixa, Carboeiro, Vilar, Taboada, Laro, Parada, Refoxos, Oleiros, Ponte, Silleda, Margaride, Graba, Escuadro, Rellas, Moalde e Negreiros. Hai outros lugares que xa están en situación de precobertura, se ben a rede se irá extendendo agora nos vindeiros

meses cara a zona norte do municipio noutras parroquias.


88 proxectos máis nun novo plan

Por outra banda, o Concello de Silleda é un dos 278 municipios galegos que se beneficiarán do Plan de Recuperación, Transforación e Resiliencia do Goberno do Estado, a través do Programa de Universalización de Infraestructuras Dixitais para a Cohesión, o chamado plan ÚNICO de Banda Ancha.


Dende a Delegación do Goberno en Galicia vense de informar deste investimento, para continuar dando servizo a máis de 15.000 zonas brancas (sen cobertura) no territorio galego nos vindeiros anos (o plan UNICO extenderase ata decembro de 2023). No caso de Silleda, serán 88 proxectos, que se estima beneficien a máis de 170 vivendas, dentro do programa cun investimento na provincia de Pontevedra de 6,4 millóns de euros.


Entre os beneficios socieconómicos do despregue de rede de acceso de fibra óptica figura, ademais da reducción da fenda existente no rural (entorno maioritario en municipios como Silleda) en relación a espazos urbanos, tamén se ofrecen novas oportunidades para iniciativas empresariais e se permite ás Administracións Públicas achegar a súa

xestión a un maior número de persoas.


“Na Sociedade da Información na que vivimos é clave que a cidadanía conte con estes servizos. Para Silleda, un municipio maioritariamente rural, o despregue de fibra óptica suporá un enorme avance na dotación de servizos”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page