A exposición fotográfica 'Misión Afganistán' poderá verse en Palas de Rei no mes de outubro
Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Centro Comarcal da Ulloa de Palas de Rei acollerá, no mes de outubro, a exposición itinerante “Misión Afganistán”, en virtude do convenio de colaboración do Ministerio de Defensa, a través, da Subdirección Xeral de publicacións e patrimonio cultural co Concello de Palas de Rei.
Publicidade
“Misión Afganistán” é unha exposición fotográfica que reflicte a labor que as tropas españolas realizaron no país dende a súa chegada no ano 2002 ata 2012. Están realizadas no terreo e gracias aos testemuños dos militares, describindo con detalle a organización e funcionamento do despliegue español. As fotografías foron realizadas por distintos profesionais, así como, por algúns dos participantes na misión e a través delas nos achegamos aos membros do exército e a súa labor diaria.
Publicidade
A exposición “Misión Afganistán”, podrá visitarse en horario de mañá e tarde, nunha das semanas do vindeiro mes de outubro, no Centro Comarcal, situado na Avenida de Compostela, en Palas de Rei.









Comentarios