Ecos da Comarca/Santiso

A exposición Camiños de Auga do GDR Ulla Tambre Mandeo atópase agora na área recreativa O Liño de Santiso (Na Cornella). Os interesados poden visitala ata o día 23 de agosto.
"A área recreativa O Liño pode considerarse un punto Leader. Alí o GDR financiou a ampliación da mesma área recreativa, a área de autocaravanas, a ruta de senderismo de 40 quilómetros que pasa ó lado e promociona tamén o turismo e a flora e fauna local. Caésenos a baba cada vez que pasamos por alí!", indica o GDR Ulla Tambre Mandeo.
コメント