top of page

A exposición 'Bo Camiño' chega a súa sétima edición en Arzúa

O vindeiro martes, día 1 de agosto, terá lugar na Capela da Madanela a súa inauguración


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio das actividades organizadas para este mes de agosto. O vindeiro martes 1 de agosto abrirase a sétima edición da exposición colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que se poderá visitar na Capela da Madanela durante todo o mes. Máis de trinta artistas galegos profesionais interpretan coas súas obras o Camiño de Santiago a través das súas paisaxes, a súa riqueza patrimonial e a espiritualidade.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto en horario de 19:00 a 21:00 horas da tarde de martes a sábados e o acto de inauguración terá lugar o vindeiro martes ás 19:30 horas da tarde.

Publicidade

Esta mostra forma parte dun proxecto anual de exposicións que o Departamento de Cultura presentou no pasado mes de febreiro e que, por primeira vez, abre a Capela da Madanela durante todo o ano con diferentes proxectos expositivos e artísticos todos os meses. Desde o seu inicio, as cinco exposicións levadas a cabo recibiron en total máis de 4.800 visitas.

Nesta galería poderase ver, entre outras, as obras das artistas locais Rebeca Novo, Mª José Plata e Silvatiica e do resto do panorama artístico galego como Antonio Abad, Oscar Aldonza, Pedro Castro, Álvaro de la Vega, Otero Yglesias, Montse Pernas, Peña Romay ou Camilo Seira.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page