top of page

A exposición Bo Camiño chega a súa oitava edición en Arzúa

Inagurararse, hoxe, xoves 1 de agosto


Laura Moure/Arzúa

A exposición Bo Camiño do ano pasado en Arzúa.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio das actividades organizadas para este mes de agosto. Hoxe, xoves 1 de agosto, abrirase a oitava edición da exposición colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que se poderá visitar na Capela da Madanela durante todo o mes.


Máis de vinte artistas galegas e galegos profesionais interpretan coas súas obras o Camiño de Santiago a través das súas paisaxes, a súa riqueza patrimonial eespiritualidade.A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto en horario de 19:00 a 21:00 horas de martes a sábados e o acto de inauguración terá lugar hoxe, xoves, ás 19:30 horas.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta mostra forma parte dun programa de exposicións que o Departamento de Cultura organizou dentro da vixente programación de verán e que superou xa as 2.600 visitas.


Nesta galería poderase ver, entre outras, as obras das artistas locais Rebeca Novo, Mª José Plata e Silvatiica e do resto do panorama artístico galego como Antonio Abad, Óscar Aldonza, Novais, Peña Romay, Antón Sobral ou Camilo Seira.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “especialmente á veciñanza a visitar esta mostra que xa se converteu nun referente da programación cultural anual e tamén nunha proposta destacada en todo o Camiño de Santiago combinando arte, historia e patrimonio”.


Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page