A Escudería JRT Motorsport debutou no Campionato Galego de Rallysprint
- Laura Moure
- 4 mar 2024
- 2 Min. de lectura
Marco Lorenzo e Diego Gil gañadores da Clase 4
Laura Moure/Deza
Esta fin de semana disputouse o 1º Rallysprint de Piñor, unha nova disciplina que chega a Galicia coa intención de ofrecer aos participantes unha proba máis compacta que un rallye e uns custos máis contidos. Tres eran os equipos que participaban por primeira vez en Galicia con JRT Motorsport actuando como concursantes.
Publicidade
Javier Ramos, que recuperou para disputar o Campionato Galego de Rallyesprint o Volkswagen Polo N1 (vehículo co que Amador Vidal proclamouse Campión de España de Rallyes de Terra en 2014 e 2015) acompañado do seu habitual copiloto, Álex Moure. En Piñor tamén estaban Marco Lorenzo e Diego Gil, que aproveitaban para estrear un novo Peugeot 106 (que eles mesmos construíron nas instalacións de Silleda Motorsport) e que utilizarán de forma habitual dentro do Volante FGA do Campionato Galego de Rallyes. David Troitiño e Diego Fernández, cun Citroën Saxo eran o terceiro equipo da escudería que se daba cita en Piñor.
Ramos-Moure abandonan no TC-1
Unha avaría mercánica na transmisión do Volkswagen Polo N1, obrigou ao abandono a Javier Ramos e Álex Moure cando apenas percorreran 6 quilómetros da primeira especial.

A noticia positiva era o bo ritmo que Marco Lorenzo e Diego Gil eran capaces de manter a pesar de ser a primeira proba co novo Peugeot 106. Sen cometer erros e mantendo un alto ritmo de carreira, os subcampións da Pirelli AMF 2023 lograban levantarse ao posto 11º da Clasificación Xeral sendo ademais os vencedores da Clase 4. Bo test para Lorenzo-Gil que en dúas semanas participarán no Rallye da Coruña.
Publicidade
Pola súa banda David Troitiño e Diego Fernández lograban rodar cómodos co fin de habituarse ao Citroën Saxo de fronte ao 28º Rali do Cocido. Terminaron no posto 45.
A próxima cita na que participará JRT Motorsport será o Rallye da Coruña, o 16 de abril.
Comments