A Escola Municipal de Patinaxe de Silleda pecha o curso o venres 28 ca que será a 20ª Exhibición
- ecosdacomarca
- 24 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Participarán preto de 120 alumnas e alumnos
Ecos da Comarca/Silleda

O vindeiro venres 28 terá lugar no pavillón municipal de Deportes César G. Fares de Silleda a xa tradicional exhibición de fin de curso da Escola de Patinaxe de Silleda, na que participarán preto de 120 alumnas e alumnos.
Publicidade
A cita comezará ás 21:00 horas e contará con actuacións individuais e outras de grupo. A Escola de Patinaxe de Silleda é unha das máis numerosas e veteranas do municipio.
Publicidade
Centos de persoas veñen acudindo a esta celebración das escolas, que este ano cumpre a súa vixésima edición , con clases impartidas polas silledenses Belén Miguez e Lucía Pérez.
Comments