Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Escola de Música Municipal de Agolada retoma o III Campamento Musical do 19 ao 22 de agosto

Actualizado: ago 1

Os interesados poden anotarse ata o 15 de agosto


Laura Moure/Agolada

A Banda de Música Municipal de Agolada retoma este ano o III Campamento Musical da Escola de Música Municipal de Agolada. Nesta ocasión celebrarase os días 19, 20, 21 e 22 de agosto.


Polas mañás terá lugar:

  • Música e movemento para nen@s de tres a sete anos.

  • Iniciación musical para nen@s de a partir de sete anos, que nunca tocaran un instrumento e se queiran iniciar neste apaisoante mundo da música.

  • Banda Infantil e Banda Xuvenil para nen@s que xa toquen algún instrumento musical.

Mentres polas tardes, terán lugar as actividades de ocio: piscina, xincanas deportivas , xogos, contacontos, cine, concertos...


Nenos no campamento musical da escola noutra edición durante as actividades de ocio.

Autor: Banda de Música Municipal de Agolada.


"Como sempre, con monitores titulados, e mestres de primeiro nivel. Como directores das bandas contaremos con Juan Lois Diéguez e Adrián Pazos", indica a escola de música.


Prezos

O alumnado da Escola de Música Municipal de Agolada pagará 60 euros e o resto, 85. O prezo inclúe media mañá, xantar e merenda.


Seguiranse estrictamente as medidas de seguridade establecidas: uso de máscara, distancia de seguridade, grupos burbulla, diferentes turnos de comida, PCR negativa de monitores...


Os interesados poden anotarse ata o 15 de agosto.


Festival Marcos Areán

Por outro lado, o día 8 de agosto o CEIP de Agolada acollerá, ás 19:30 horas, o VI Festival de Bandas de Música de Agolada Marcos Areán, organizado pola Banda de Música Municipal de Agolada.


Actuarán: a Pequebanda da Escola de Música Municipal de Agolada, a Banda Xuvenil da Escola de Música de Agolada e Banda de Música Municipal de Agolada.


A entrada será de balde e cumpriranse todas as medidas hixiénicas.


24 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE