top of page

A Escola de Música Municipal de Agolada abre o segundo prazo de matrícula

O luns 18 de setembro comezarán as clases

Ecos da Comarca/Agolada

A Escola de Música Municipal de Agolada abra o segundo prazo de matrícula. "Chegou o mes de Setembro, e na Escola de Música Municipal de Agolada xa estamos impacientes e coas pilas recargadas, porque xa non falta nada para o comezo dun novo curso".


Publicidade

De feito, o luns 18 comezan as clases, "por eso si queres desfrutar aprendendo música, adquirir valores, e vivir novas experiencias participando nas diferentes actividades que organizamos na EMMA ao longo do curso aínda estás a tempo, porque abrimos o segundo prazo de matrícula para este curso 2023/2024!!".


Publicidade

Os interesados poden matricularse dende o 1 ao 15 de setembro. Imparten clases a tódalas idades, a partir dos 3 anos. Os interesados poden obter máis información no número de teléfono 690 951 978. Hai prazas limitadas.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page