A única aula que dispón de prazas dispoñibles é a de música e movemento dirixida aos cativos de tres a cinco anos
Laura Moure/Santiso
A directiva da Asociación Cultural Banda Escola de Música de Visantoña, de Santiso, sinala que aínda quedan prazas nunha das aulas. En concreto, é na de música e movemento, dirixida a nenos de tres a cinco anos.
Os interesados poden anotarse escribindo un correo a través do seu seguinte correo:
esmuvisantonha@gmail.com ou a través das súas redes sociais.
Distintas especialidades
A escola de música Eugenio Pazos Reyes de Visantoña conta este curso cuns 70 alumnos. Impártense distintas especialidades: iniciación á linguaxe musical (de seis a oito anos); linguaxe musical, educación auditiva e vocal (a partir de oito anos); música para adultos (a partir de 18 anos); conxunto instrumental; preparación de probas de acceso a conservatorio; baile tradicional para crianzas; bombardino, tuba, trompa, trombón, percusión de banda, trompeta, clarinete, frauta travesa, saxofón e óboe.
Comments