top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Escola de Familias, un novo espazo para as familias que lanza a concellaría de Benestar Social de Arzúa

Será a partir do 26 de outubro e ofrecerá charlas e recursos centrados en temas relevantes para a crianza de adolescentes


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Benestar Social do Concello de Arzúa vai a poñer en funcionamento a partires do 26 de outubro a “Escola de Familias”, un novo espazo para dar apoio e recursos ás familias con adolescentes. Esta iniciativa xurde como resposta ao aumento do número de usuarios adolescentes no programa de educación familiar e, segundo palabras do concelleiro José Luis García, “ten como obxectivo facilitar un entorno de intercambio e aprendizaxe sobre os desafíos propios desta etapa crucial no desenvolvemento persoal”.

A “Escola de Familias” ofrecerá charlas e recursos centrados en temas relevantes para a crianza de adolescentes, incluíndo os cambios físicos e emocionais que atravesan, a consolidación da personalidade, a xestión da autoridade e a responsabilidade, así como o uso de pantallas, o ocio e as redes sociais.


“ É fundamental proporcionar ás familias as ferramentas necesarias para afrontar esta etapa de forma efectiva e saudábel. A adolescencia é un período de grandes cambios e é normal que xurdan dúbidas e dificultades. Con esta “Escola” buscamos crear un espazo onde as familias poidan atopar esas ferramentas que as axuden na súa labor educativa”; sinala o edil de Benestar Social.


Publicidade

As sesións darán comezo o próximo día 26 na aula CEMIT e levaranse a cabo de outubro a maio cada 15 días, os sábados en horario de 11:30 a 13:30 horas. Para máis información os interesados poden contactar coa educadora familiar no teléfono: 981 815297.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page