top of page

A Escola de Familias remata este sábado en Silleda cunha sesión sobre a adolescencia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A sesión é de balde, pero é preciso anotarse previamente no departamento de Benestar


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Benestar e Educación de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, programou para o vindeiro sábado día 4 de marzo a que será a última das sesións desta edición da Escola de Familias, un foro que busca convertirse nun espazo de formación e apoio para familias con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes. Distintas persoas profesionais da pedagoxía e da xestión emocional serán as encargadas de impartir estas charlas informativas.

Despois das tres sesións anteriores, ese sábado ás 10:30 horas celebrarase a que leva por título Reconstruindo. Tera lugar este sábado 4 de marzo, para abordar a etapa da adolescencia, cando chegando a adolescencia se reconstrúen certas crenzas, pensamentos, ideas… polo que se fai preciso educar dende a empatía e a comprensión, atender as necesidades educativas en relación á sexualidade e fomentar relacións baseadas no consentimento.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O rol dos proxenitores na adolescencia, ou temas como a sexualidade, relacións e consentimento, e a comunicación serán abordadas nesta última sesión. A asistencia é gratuita se ben é preciso inscribirse previamente chamando ao 986 592 037.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page