top of page

A Escola de Familias de Silleda celebra unha nova sesión o sábado 21

Será na Casa da Xuventude para familias con crianzas de 6 a 12 anos e a cita é de balde, pero precísase inscrición


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Benestar e Educación, que dirixe Ángela Troitiño, programou para este mes unha nova sesión da Escola de Familias, que busca convertirse nun espazo de formación e apoio para pais e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén

adolescentes. Distintas persoas profesionais da pedagoxía e da xestión emocional serán as encargadas de impartir estas charlas informativas.

Despois da primeira sesión celebrada o pasado 3 de decembro (para as crianzas de 0 a 6 anos) este foro volta o vindeiro sábado día 21 ca sesión titulada Repensando, para familias con menores de 6 a 12 anos. Co avance da vida van aparecendo dúbidas e novas inquedanzas, condicións e características. Nesta proposta traballarase que facer, que cambiar e como avanzar, é dicir, repensarse a crianza realizada para continuar coa que se quere ter. Entre os temas a tratar estilos de crianza, hábitos de vida, a igualdade ou a sobrecarga nos tempos.


A cita será ás 10:30 horas na Casa da Xuventude, con servizo de conciliación para as familias participantes. A participación é de balde, pero precísase inscrición, que se pode realizar chamando ao departamento de Benestar, ao 986 592 037.


Tamén o 4 de febreiro celebrarase a segunda parte de Repensando, para tratar tamén o emprego das pantallas e novas tecnoloxías, premios e castigos, ou vivencias personais, en nenos e nenas de 6 a 12 anos.

A última das sesións previstas, co lema Reconstruindo terá lugar o vindeiro 4 de marzo, para abordar a etapa da adolescencia, cando chegando a adolescencia se reconstrúen certas crenzas, pensamentos, ideas… polo que se fai preciso educar dende a empatía e a comprensión, atender as necesidades educativas en relación á sexualidade e fomentar relacións baseadas no consentimento.


O rol dos proxenitores na adolescencia ou temas como a sexualidade, relacións e consentimento e a comunicación serán abordadas nestas sesións.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page