A Escola de Cantería cede dúas esculturas ao Concello de Lalín
- ecosdacomarca
- 21 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo, visitaron este sábado as dúas pezas de cantería realizadas polos alumnos da Escola de Cantería de Poio e cedidas ao Concello de Lalín.

As esculturas son un Santiago Peregrino, colocado nunha zona de paso dun dos Camiños de Santiago que cruza Lalín, concretamente na praza do Camiño de Inverno, e un pequeno porquiño, icona da cultura popular do Deza, situado nas inmediacións da praza de Abastos.
Publicidade
Ambas as dúas pezas son mostra do potencial do oficio de cantería en Galicia, un dos máis antigos e representativos, no que é preciso garantir o relevo xeracional.
Commenti