A enxeñeira Verónica Gómez recibe despacho no Viveiro Municipal de empresas de Área 33
- Laura Moure
- 17 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Con esta nova viveirista, a día de hoxe xa só queda un despacho libre neste centro silledense, no que se están a desenvolver tamén distintas actividades formativas
Laura Moure/Silleda
O Viveiro de Empresas do Concello de Silleda acolle a unha nova emprendedora silledense coma usuaria das instalacións deste centro municipal de emprendemento. A alcaldesa, Paula Fernández, e Verónica Gómez Collazo, enxeñeira agrícola, asinaron nestes días o contrato de cesión de uso dun dos despachos, o número 3.

Dende este centro, Verónica Gómez ofrecerá servizos de enxeñería agrícola a través da súa empresa, Tirgalia. Con ela son xa catro os despachos ocupados, dous deles por outras dúas emprendedoras silledenses e outro por parte da Asociación de Empresarios do Polígono, co que xa só queda un espazo dispoñible neste centro municipal.
Publicidade
A alcaldesa, Paula Fernández Pena, destaca a boa acollida desta iniciativa “na que ademais se están a desenvolver outras actividades da man do plan de dinamización do viveiro a través do convenio ca Fundación Roberto Rivas”, engade, así como reunións e sesións formativas de empresas e entidades que así o solicitan.
Dende o Concello lembrase que o regulamento de uso do viveiro silledense, onde figuran as condicións para as persoas emprendedoras, se poden consultar na web municipal.
Comments