top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Encomenda do Cocido suma 16 novos membros, entre os que figuran 12 chefs con 29 Estrelas Michelín

Elena Arzak e Jordi Cruz, que realizaron o xuramento de fidelidade ao cocido de Lalín en galego, agradeceron esta distinción en nome dos novos comendadores


Laura Moure/Lalín

A casa da familia Rial de Negreira, propietaria do restaurante Casa Barqueiro, acolleu este mediodía a celebración dun Capítulo Xeral Extraordinario da Encomenda do Cocido no que foron distinguidos 16 novos comendadores/as entre os que se atopaban 12 chefs de restaurantes que suman 29 Estrelas Michelín.


O acto estivo presidido polo Gran Comendador e alcalde de Lalín, José Crespo, que foi o

encargado de impor a cullerón da Encomenda aos novos membros, e contou coa presenza

dos tamén comendadores Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, que foi o encargado

de entregar as capas a todos os nomeados, e do pintor Antón Lamazares, que lles

entregou os correspondentes diplomas tras asinar no Libro da Encomenda.


O acto de distinción dos novos comendadores comezou polos irmáns Rogelio e Fran Rial, do Restaurante Casa Barqueiro de Negreira, que exerceron como anfitrións do evento aproveitando a gala solidaria que organizan anualmente para recaudar fondos a prol de Cáritas Santiago. Seguiu o Capítulo Xeral co nomeamento como comendador do empresario e escritor Alberto Barciela, antes de pasar á relación de chefs de restaurantes

que suman 29 Estrelas Michelín: Eneko Atxa, Jesús Sánchez, os irmáns Sergio e Javier

Torres, Nacho Manzano, Ígor Zalakaín, Javier Olleros, Lucía Freitas, Manuel Costiña, Miguel González, Jordi Cruz e Elena Arzak. A esta relación uniuse tamén o “sumiller” Valerio Carrera, do madrileño restaurante A ́Barra, mentres que desculparon a súa ausencia por imprevistos de última hora tanto David de Jorge como Marcos Granda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page