A maioría dos seus produtos proceden do comercio local como ou Galo de Curral de Vila de Cruces
Laura Moure/Silleda
A alimentación realizada con produtos de proximidade están na base da cociña de Culinaria que cada día elabora os menús que se serven coas mellores materias primas de Galicia, nunha aposta segura polo mercado de proximidade. Con esta aposta poténciase a mobilidade sostible e a redución de CO2 á atmosfera xa que ao percorrer a materia prima menos quilómetros redúcese a pegada de carbono e os gases emitidos á atmosfera durante o transporte.
Publicidade
Concretamente, o peixe do menú de Culinaria descárgase na lonxa de Ribeira, a verdura procede da localidade coruñesa de Sigüeiro e o Galo de Curral críase na comarca, feito que garante a calidade dos produtos, amparados por selos de garantía e controis sanitarios moi estritos.
Publicidade
Con esta aposta, os produtos que se usan nos menús responden a unha liña de comercio de proximidade e produtos de tempada, que axuda a lembrar ao consumidor os sabores, aromas e texturas da cociña galega de casa. Ademais, consumir produtos de tempada equivale tamén a fomentar os cultivos naturais e que conservan plenamente toda a súa achega nutricional.
O obxecto deste compromiso coa contorna social, económico e ambiental está na estrita selección de materias primas que aseguran a calidade dos pratos e converten a Culinaria nun axente dinamizador da contorna social e económica máis próximo, porque traballa directamente tanto con produtores locais como co conxunto do sector agroalimentario galego.
Publicidade
Neste sentido, a empresa dezá presta unha especial atención a aqueles provedores situados en áreas de depresión xeográfica, procurando contribuír á creación de alternativas xeradoras de emprego que faciliten o arraigamento poboacional no ámbito rural.
Comments