A firma obtivo o certificado e a homologación das instalacións acorde á lexislación española
Laura Moure/Silleda
A empresa silledense Culinaria é xa un espazo cardioprotegido efectivo ao dispoñer do certificado e a homologación das súas instalacións acorde á lexislación española, desde este mesmo mes.

A empresa, no seu compromiso social, decidiu traballar neste campo e sumarse así a esta rede de espazos cumprindo con todos os requisitos necesarios como é contar cun espazo cardioprotegido ben sinalizado na mesma empresa equipado con desfibriladores externos e homologados con marcado CE.
Tamén dispón de persoal formado para o manexo dos equipos e ten correctamente e a punto o mantemento do desfibrilador. Na dirección https://www.cardioprotegidos.es podedes consultar toda a información respecto diso.
Cabe mencionar que unhas 30.000 persoas sufren cada ano unha parada cardiorrespiratoria
Comments