top of page

A empresa palense Granjas Campomayor recibe o premio Cepyme á Innovación Tecnolóxica

Laura Moure/Palas de Rei

A empresa palense Granjas Campomayor acaba de recibir o Cepyme á Innovación Tecnolóxica na décima edición dos premios, que se celebraron no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid. Participou xunto a máis de 2.700 proxectos seleccionados.


Publicidade

Campomayor foi un dos doce galardoados. A entrega dos premios foi presidida polo rey Felipe VI, que eloxiou a empresa na entrega do galardón e destacou a importancia das pequenas e medianas empresas.


Publicidade

O galardón foi recibido pola CEO da compañía palense, María Caridad García Busto, quen destacou “a historia que temos detrás de traballo, tesón e cariño polas cousas ben feitas e o que nos diferencia”. Ademaís engadiu que “este percorrido nos deu un gran coñecemento da industria e permitiunos chegar ata onde estamos e desfrutar de recoller un premio como este”.


Publicidade

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosou a satisfacción de que sexa unha empresa do municipio a que se alce con esta distinción e recoñecemento a nivel nacional. Trásladalle en nome do Concello de Palas de Rei, os parabéns por este premio Cepyme á Innovación Tecnolóxica que recoñece a súa excelencia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page