top of page

A empresa palense Campomayor é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ten máis de 470.000 prazas de poñedoras, o que supón máis do 46% do total da nosa comunidade, tal e como afirma a Xunta


Laura Moure/Palas de Rei

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou este venres a aposta da Xunta por valores como a calidade, a innovación e a remuda xeracional no ámbito agroalimentario. Puxo ademais como exemplo destes principios a Granxa Campomayor, empresa situada no concello de Palas de Rei, que a titular de Medio Rural visitou nesta xornada.

O obxectivo desta visita foi, precisamente, valorar a importancia da aplicación do I+D+i no agro e na actividade das empresas do sector, caso desta compañía, referente en produción e innovación no eido avícola en Galicia e tamén en España. Nesta liña, a conselleira lembrou que o grupo Campomayor é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia, con máis de 470.000 prazas de poñedoras, o que supón máis do 46% do total da nosa comunidade. Ademais, salientou tamén que esta granxa “dálle valor engadido a un produto básico na nosa alimentación e, polo tanto, fai que Galicia medre e se consolide como unha potencia alimentaria innovadora, sen perder de vista a calidade que caracteriza os nosos produtos”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Grupo empresarial pioneiro

Neste mesmo sentido, Gómez subliñou que este grupo empresarial foi pioneiro con iniciativas como poñer a data de consumo preferente no ovo e desenvolver ovos enriquecidos con omega-3. Asemade, no 2015 construíu a primeira planta en Galicia de ovo líquido pasteurizado e no 2017 introduciuse no mundo do ovo a baixa temperatura.

Máis recentemente, creou Wovo, unha bebida feita con clara de ovo, resultado dun proxecto de colaboración con diferentes centros de investigación.


Por todo isto, a conselleira felicitou os responsables da empresa e recordou que a súa traxectoria foi recoñecida tanto polo propio Goberno galego -con máis de medio millón de euros no 2023 en axudas á transformación e comercialización- como polo Clúster Alimentario de Galicia, que lle concedeu un dos seus premios Galicia Alimentación a produto innovador precisamente pola súa gama Wovo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A maiores, Gómez puxo en valor o carácter familiar desta granxa que, trasladou, é un exemplo de remuda xeracional, un aspecto polo que tamén aposta a Xunta. Así, engadiu a conselleira, o rural galego en xeral e o sector avícola en particular contan co apoio do Goberno galego a través de achegas de carácter transversal que, entre outros obxectivos, teñen o de fomentar a incorporación de persoas mozas, o uso eficiente dos recursos naturais ou a mellora das explotacións.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page