top of page
Foto del escritorLaura Moure

A empresa Cosaplag leva a cabo tarefas de desinfección nas instalacións públicas de Agolada

Laura Moure/Agolada

“O municipio de Agolada leva semanas libre de coronavirus, pero non se pode baixar a garda e é necesario seguir tomando todas as precaucións para evitar que volva haber casos, xa que estamos vendo que en concellos veciños o número de afectados se está disparando”, sinala o alcalde do municipio, Luís Calvo. Por iso neste concello séguese levando a cabo tarefas de desinfección, porque a situación pode mudar en calquera momento. A última desinfección foi este xoves.


Cando irrompeu a pandemia, Agolada puxo en marcha continuas accións para desinfectar tanto no casco urbano, como nas diferentes parroquias. Agora que o municipio leva semanas sen casos, as tarefas realízanse de maneira periódica nas distintas instalacións públicas: no consistorio, no colexio, na escola de música, na biblioteca e no centro de saúde, entre outras. A empresa encargada desta labor nos edificios de titularidade municipal é Cosaplag.


O mandatario agoladés incide na importancia de extremar as precaucións para lograr que o municipio siga libre deste virus.

O empleado da empresa e o alcalde.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page