top of page

"A elección de Lucía Freitas como pregoeira é un tributo á excelencia, á tradición e á innovación"

A recoñecida chef dará o pregón da 50ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o día 15 e ofrecerá un showcooking para 50 persoas


Laura Moure/Arzúa

A recoñecida chef Lucía Freitas, estrela Michelín e referente da gastronomía galega e internacional, será a pregoeira da 50ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o sábado 15

marzo ás 12:00 horas. "Co seu talento, paixón pola tradición e compromiso coa sustentabilidade, Freitas encarna á perfección os valores desta celebración, que este ano homenaxea ás mulleres queixeiras e ás persoas pioneiras que fixeron posible que a festa alcance medio século de historia", indica a organización desta cita.


Propietaria dos restaurantes A Tafona (estrela Michelín e dous Soles Repsol) e Lume, Freitas é unha firme defensora do produto local e da cociña de proximidade. En 2024, A

Tafona recibiu tamén o Sol Sostible como recoñecemento ao seu compromiso coa

gastronomía respectuosa co medio ambiente.

foto
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e Lucía Freitas.

A súa traxectoria inclúe numerosos premios, entre eles o Chef L'Avenir 2022, outorgado pola Academia Internacional de Gastronomía, e o recoñecemento internacional da guía La

Liste "Game Changer" polo seu proxecto social Amas da Terra, que pon en valor o

traballo das mulleres no sector primario.


A filosofía de Lucía Freitas, baseada na "Vangarda primaria", busca a esencia da cociña a

través do respecto polas raíces, a memoria gastronómica e a posta en valor do sector

primario. A súa presenza en Arzúa supón un gran recoñecemento ao papel das mulleres na gastronomía e no medio rural, un dos eixos centrais desta edición da Festa do Queixo.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde a organización, destacan que a elección de Lucía Freitas como pregoeira é un tributo á excelencia, á tradición e á innovación, principios que definen tanto á súa traxectoria como á esencia do Queixo de Arzúa.

Tras a lectura do pregón, que terá lugar o sábado 15 de marzo ás 12:00 horas, Lucía Freitas realizará un showcooking especial no que demostrará a súa mestría reinterpretando o Queixo de Arzúa nunha experiencia única. Esta actividade terá un aforo limitado a 50 persoas e a entrada será por orde de chegada.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page