top of page

A Eira da Xoana de Ramil, Agolada, retoma a súa actividade mañá cunha plantación de teixos

Seguiranse todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19

Participantes nunha das actividades na Eira da Xoana.

Laura Moure/Agolada

A Eira da Xoana, de Ramil (Agolada), retomará mañá a súa actividade e farao coa plantación de teixos, que xa estivo programada, pero que tivo que aprazarse por causa da pandemia. "Agora temos que aproveitar os poucos días que quedan para facer plantacións con certas garantías de que prosperen. Por iso decidimos empezar este sábado", indican desde a Eira da Xoana. A xornada comezará ás 11:00 horas e acabará ás 16:30 horas. É preciso anotarse no correo fundacion@eiradaxoana.gal para organizar a actividade con todas as garantías de seguridade anti-covid. Para calquera consulta, e tamén para inscribirse, pódese chamar aos teléfonos 659 683 384 ou 616 627 318. Hai que levar máscara e a propia comida.

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page