top of page

A EFA Piñeiral debate sobre o papel dos axentes locais na formación e inserción laboral

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O centro de formación profesional de Arzúa acolleu esta xoves un encontro con axentes locais e técnicos de desenvolvemento das comarcas de Ordes, Santiago, Arzúa e Melide


Laura Moure/Arzúa

Baixo o lema “Formación e desenvolvemento local, unha proposta de acción” celebrouse no centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral,(Arzúa), unha xornada na que se deron cita axentes de desenvolvemento local das comarcas de Ordes, Santiago, Arzúa e Melide.


Luis García, director da EFA Fonteboa (Coristanco) subliñou a importancia de que todo territorio conte cun proxecto, guía mestra da que dependerá o seu futuro, e a necesidade de valorizar o local e aproveitar as oportunidades que esta posta en valor está a xerar. “Todo centro educativo ten inherentemente que ser un centro de promoción. Tanto axentes de desenvolvemento local como as EFAS debemos colaborar man a man coas institucións e cos proxectos”.


Mary Espiñeira, secretaria da EFA Piñeiral, incidiu na necesidade de cooperación entre as institucións para xerar sinerxias e achegar solución ós problemas e retos dos territorios.

O encontro culminou cun traballo de grupo no que se abordaron as problemáticas do emprego e as posibles accións conxuntas entre os diferentes axentes.

Esta liña de traballo terá continuidade nunha serie de grupos de traballo sectoriais que acollerán as Efas de Galicia vindeiramente.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page