top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa lanza unha campaña de sensibilización a favor da prevención do cancro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A estatua da Queixeira de Arzúa foi a protagonista escollida polo alumnado do

ciclo de coidados auxiliares de enfermaría para visibilizar a mensaxe co motivo conmemoración do Día Mundial contra o Cancro


Laura Moure/Arzúa

Baixo o lema Piñeiral contra o cancro o alumnado e profesorado do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría do centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral,(Arzúa), promoven un programa de actividades que poñen o foco na necesidade de seguir apostando pola investigación, coidado e prevención contra as doenzas oncolóxicas.


A estatua da Queixeira de Arzúa foi a protagonista escollida polo alumnado do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral para visibilizar a mensaxe que con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro queren facer chegar á sociedade.

“Investigación, investimento, coidados e prevención son as pezas claves para poder avanzar con ritmo na loita contra as enfermidades oncolóxicas. Queremos, con esta imposición simbólica á nosa figura máis recoñecida, a Queixeira de Arzúa, rendir homenaxe a todos os doentes e ás súas familias, e tamén a todos os profesionais que están a traballar no coidado e atención destes enfermos, así como os que se afanan en acadar avances médicos e científicos na loita contra estas

patoloxías”, afirman dende a dirección do centro educativo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais do acto de onte ante a queixeira, no centro formativo terán lugar encontros e tertulias con profesionais sanitarios vencellados á atención oncolóxica así como con doentes que xa superaron a patoloxía nos que se evidenciará a importancia da labor do persoal sanitario na atención e coidado durante as diferentes fases da enfermidade.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page