top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa clausurou o curso académico dos ciclos formativos

Actualizado: 23 jun

Ao acto asistiron máis de 400 persoas


Laura Moure/Arzúa

A promoción 2023-2025 dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría, educación infantil e a promoción 2024-2025 do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral recibiron a imposición de becas durante o acto de clausura da Efa Piñeiral celebrado o venres en Arzúa.

O evento, no que se deron cita 400 persoas, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta e directivos da Asociación Efa Piñeiral e a representantes das máis de 400 empresas colaboradoras co proxecto educativo do centro. No acto, ademáis de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, unha representación do alumnado resumiu nas súas intervencións as actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicas, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas, participación en obradoiros, e estadías de formación en empresas en cada trimestre.


Mallo Rodríguez, responsable de Alas Educación destacou, na súa intervención como representante das empresas colaboradoras na formación do alumnado, a importante bagaxe que o alumnado adquire no centro, “Na Efa Piñeiral non só vos forman para unha profesión, prepáranvos para a vida”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Enrique Rodríguez, vicepresidente das Efas de Galicia, alentou ó alumnado a traballar arreo para gañar os dous futuros que teñen por diante “o voso propio futuro profesional e o do voso territorio. O rural precisa talento o vós sodes ese futuro”.


Daniel Moscoso, concelleiro de Arzúa, clausurou o acto remarcando o doce momento que vive a formación profesional e o importante papel que no territorio desenvolven os profesionais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ampliación da oferta formativa para o curso 25-26

Dende o vindeiro setembro a Efa Piñeiral vai impartir dous novos ciclos formativos; o ciclo superior de hixiene bucodental en modalidade presencial e réxime concertado coa Xunta de Galicia, e o ciclo medio semipresencial virtual privado de coidados auxiliares de enfermaría. Estas dúas novas accións formativas súmanse á actual oferta do centro conformada polos ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade e os ciclos medios de actividades comerciais, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría.


O centro formativo xa está a recibir solicitudes de información e admisión para o vindeiro curso académico. O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en periodo ordinario dos ciclos concertados remata o 2 de xullo ás 13:00 horas, manténdose aínda aberta a admisión para o ciclo virtual de auxiliar de enfermaría ate o 31 de xullo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page