top of page
Foto del escritorLaura Moure

A EFA Piñeiral de Arzúa clausurou o curso académico dos ciclos formativos

No evento, celebrado o pasado venres, déronse cita alumnado, familias, equipo docente e directivo da Efa Piñeiral así como representantes das empresas colaboradoras


Laura Moure/Arzúa

A promoción 2022-2024 dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría, educación infantil e a promoción 2023-2024 do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral veñen de recibir a imposición de becas durante o acto de clausura celebrado este pasado venres en Arzúa.

O evento, no que se deron cita preto de 400 persoas, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta e directivos da Asociación Efa Piñeiral e a representantes das máis de 350 empresas acolledoras polas que pasan os alumnos ó longo dos ciclos formativos.


No acto, ademais de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, unha representación do alumnado resumiu nas súas intervencións as actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicos, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas, participación en obradoiros, e estadías de formación en empresas en cada trimestre.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Esteban Raposo, director de Toldos Gómez, como representante das empresas colaboradoras na formación do alumnado, aconsellou na súa intervención ó alunnado a “escoller ben as metas, reflexionando sobre o porqué desa elección, e logo, a perseverar na súa consecución, insistindo e non desistindo". Raposo recoñeceu o traballo feito dende a Efa Piñeiral, institución coa que Toldos Gómez leva 5 décadas cooperando, tendendo pontes entre as necesidades reais e actuais do tecido empresarial e a formación profesional”.


Pola súa banda, o director institucional das Efas de Galicia, Luis García, incidiu na diferenciación do sistema pedagóxico dos centros EFA. “Estudar nunha Efa é moito máis que facer un ciclo; é recibir formación integral, formación en alternancia co tecido produtivo e a inserción profesional no territorio no sentido máis amplo. Cursar un ciclo en Piñeiral supón máis de un cento de ocasións de contacto profesional, esa é a nosa gran aposta”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Daniel Moscoso do Concello de Arzúa, puxo o foco na relevancia que a formación profesional está a ocupar no mercado laboral e na oportunidade que hoxe por hoxe supoñen os ciclos formativos para a inserción laboral.


Curso 24-25

O centro formativo Efa Piñeiral xa está a recibir solicitudes de información para o vindeiro curso académico no que a oferta formativa de ciclos de formación profesional a conforman os ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade e os ciclos medios de actividades comerciais, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en periodo ordinario comeza o vindeiro día 24 de xuño ás 9:00 horas e remata o 4 de xullo ás 13:00 horas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page