top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa acolleu a I Xornada de Márketing Deportivo

 O evento focalizouse en visibilizar a realidade das relacións entre márketing, comunicación e deporte, os retos e as oportunidades presentes e futuras


Laura Moure/Arzúa

O centro de formación profesional arzúan Efa Piñeiral celebrou onte a I Xornada de

Márketing Deportivo dentro das actividades de inicio do curso académico do ciclo superior de márketing e publicidade. O evento focalizouse en visibilizar a realidade das relacións entre márketing, comunicación e deporte, os retos e as oportunidades presentes e futuras.

A xornada arrancou coa intervención de Jessica Rey (Feiraco- Cooperativa Clun) quen

fixo un percorrido e reflexión das accións de patrocinio da marca láctea co mundo deportivo. Trala ponencia de Jessica foi o turno de Xisela Aranda, Conselleira do Celta de Vigo, e unha das artífices do fenómeno “As Celtas”. Xisela afondou no proceso construtivo da marca; “As celtas non é un proxecto reivindicativo, é unha homenaxe á fortaleza da muller, da muller galega en particular, á súa valentía, resiliencia. É unha representación das nosas raíces e cultura, unha marca con valores, con historia”.


As empresas Toldos Gómez e Queixería Barral expuxeron a súa traxectoria e aposta por

diferentes iniciativas do deporte autonómico e local. O xornalista Miguel Álvarez (CRTVG)

arroxou luz sobre a relación das marcas e do profesional da comunicación e dos medios

deportivos. “O máis difícil nesta profesión é precisamente informar, manter a imparcialidade cando se fala de deporte e aficcións”, afirmou Álvarez.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A última das conferencias correu a cargo de Daniel Agra, profesional do márketing deportivo, quen animou ós asistentes a descubrir as moitas posibilidades e potencialidades que ten o márketing deportivo “Ilusión, proactividade e curiosidade, tres componentes que non deben faltar nesta profesión”.


A xornada ,clausurada polo alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, reuniu a preto dun cento de asistentes; técnicos deportivos e de márketing, deportistas, estudantes de márketing, comercio e publicidade. “A nosa vontade é que as Xornadas de márketing deportivo na Efa Piñeiral sexan un evento recurrente e de referencia para os profesionais do márketing e do deporte; un foro de debate e intercambio de experiencias que posibilite a formación, capacitación e actualización dos interesados no mundo do márketing e do deporte”, concluiu Raquel Carregal, directora da Efa Piñeiral

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page