top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa acollerá o xoves e venres as xornadas 'Tendencias en agromárketing'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estas están promovidas pola Fundación Juana de Vega


Laura Moure/Arzúa

Unha das actividades da EFA Piñeiral.

A Fundación Juana de Vega promove en colaboración co centro de formación profesional e

promoción rural EFA Piñeiral as xornadas Tendencias en Agromárketing, emprendemento e innovación en empresas de economía social do sector agroalimentario galego. Esta acción formativa e divulgativa celebrarase na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, os días 14 e 15 de marzo en horario de 9:30 a 17:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este curso, enmarcado dentro do programa de actuación 2024 da Rede Eusumo, está dirixido a estudantes de márketing, publicidade e a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As xornadas contarán con sesións impartidas por expertos en márketing como José Manuel Suárez (Socio director en Iuni Strategic Marketers), Xosé Ramón Porto (Director de Pe Márketing), Luis Feijoo (Gastrofoto) e Alba Mouriño e Alba Bello (Las Dos Comunicación).


Como colofón ás xornadas celebrarase unha mesa redonda con cooperativistas e unha visita á iniciativa Milhulloa.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page