top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa acolle hoxe unhas xornadas sobre márketing dixital no sector agroalimentario

Ecos da Comarca/Arzúa

A Fundación Juana de Vega promove en colaboración co centro de formación profesional e promoción rural EFA Piñeiral as xornadas “Estratexias de márketing dixital para o sector agroalimentario”. Esta acción formativa e divulgativa celebrarase na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, hoxe, xoves en horario de 9:00 a 18:30 horas.

A actividade está dirixida a estudantes e profesionais de márketing, publicidade, emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios. A xornada contará con sesións impartidas por expertos en márketing como Beatriz Ventosinos (CEO de Ahao Studio), Pablo Borrás (CEO de 2bedigital), Fernando Mosquera (responsable de performance en Esterea), Pablo Roca (Juicer Marketing).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A mesa redonda estará dedicada a coñecer exemplos de éxito de marketplace alimentarios de Galicia como son Carabuñas, Bigcrafters e Plant on Demand; e o obradoiro de vídeo a cargo de Miguel Rodríguez de Phill Miller.

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page