top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa acolle este luns 16 de setembro a I Xornada de Márketing Deportivo

Presente e futuro dunha profesión será a temática que se abordará no evento da man de

expertos do márketing e do deporte


Laura Moure/Arzúa

O centro de formación profesional arzúan Efa Piñeiral organiza a I Xornada de Márketing Deportivo dentro das actividades de inicio do curso académico do ciclo superior de márketing e publicidade. O evento desenvolverase no propio centro educativo o

vindeiro luns día 16 en horario de 10:00 a 14:30 horas.

Pretende ser unha cita anual de referencia para os profesionais e seguidores do deporte, alumnado e técnicos da comunicación e do márketing.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta primeira edición contarase coa participación, entre outros, de Jessica Rey (Feiraco- Cooperativa Clun), Xisela Aranda (Celta de Vigo), Daniel Agra ( LAD Sport Consulting), Jesús Carballido (Cortizo Ciclismo), Miguel Álvarez (CRTVG) e as empresas Toldos Gómez e Queixería Barral para achegar as súas experiencias na sponsorización deportiva.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As actividades son de balde e contan con aforo limitado. Os interesados poden reservar a súa praza no 676 260 196 ou enviando un mail pineiral@pineiral.es 


Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page