Ó redor da celebración do Día Internacional da Infancia, 20 de novembro, o centro de formación profesional acolleu un programa de actividades con profesionais multidisciplinares
Laura Moure/Arzúa
“Aulas do Futuro en educación infantil” foi a temática escollida polo centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral,(Arzúa) para desenvolver esta semana un programa de actividades con diferentes profesionais que puxeron o foco en aspectos da
innovación, a tecnoloxía e o coidado na educación infantil.
Publicidade
O profesor da U.S.C. Pablo Franco protagonizou a conferencia “O futuro da educación infantil 0-3 pasa pola innovación”. Na súa intervención destacou o importante labor dos
docentes na educación que está por vir. “A innovación non está na tecnoloxía nin na
arquitectura dos centros, está no bo facer dos docentes", afirmou.
As actuacións realizadas en materia de protección e participación da infancia por parte da
administración foron expostas por Jacobo Rey Sastre, director Xeral de Familia, Infancia e
Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia. Pola súa banda o director de “Aula Desafío” Jorge Penabad liderou unha sesión na que se visibilizou a incidencia da tecnoloxía como ferramenta aplicada á educación.

Nos actos desta III Semana da Infancia na Efa Piñeiral tamén se celebraron as mesas redondas “Unha mirada á educación infantil na realidade galega; retos e desafíos” a
cargo das directoras da Casa Niño Brincadeira, a Galiña Azul de Melide e o P.A.I. de Touro e o debate “Diferentes iniciativas de ensinanza aprendizaxe coa infancia no século"; coa coordinadora de educación infantil do Colexio Manuel Peleteiro-Dolores Ramos, e con responsables da Escola Bosque Nenea e da iniciativa Donde Viven los Cuentos.
Publicidade
“A participación nas actividades destas xornadas supón non só un enriquecemento da nosa formación académica senón unha toma de contacto coa realidade coa que nos vai tocar lidiar no noso máis inmediato futuro; implica poñer os pés na terra e coñecer os protagonistas, escenarios e desafíos cos que nos atoparemos na nosa vida laboral”, apunta Paula Pintor, alumna do segundo curso do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral.
Sesión de cineforum e un flasmob liderado polo alumnado do ciclo superior de educación
infantil do centro arzuán completaron o programa de actividades.
Comments