top of page

A EFA Piñeiral de Arzúa aborda a diversidade e a inclusión socioeducativa na educación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celebrou esta semana a súa IV Semana da Infancia coa participación de diferentes profesionais e familias


Laura Moure/Arzúa

O centro de formación profesional Efa Piñeiral (Arzúa) celebrou esta semana a súa

IV Semana da Infancia coa participación de diferentes profesionais e familias. “A diversidade e inclusión socioeducativa na educación infantil” foron abordadas dende

diferentes perspectivas.


As xornadas arrancaron coa tertulia “A experiencia dunha familia cun neno autista”. Ana Belén Luezas puxo de relevo a importancia do acompañamento de especialistas que axuden e acheguen recursos e técnicas para facilitar a aprendizaxe así como a convivencia educativa e familiar; “Non falamos de personas especiais senón de persoas que perciben a vida de forma diferente” concluíu Luezas. A perspectiva das familias completouse coa sesión “Meus fillos con necesidades

educativas especiais”, a cargo de Isabel Giadás.

“O papel das escolas infantís na inclusión das nenas e nenos” foi exposto polos responsables da Galiña Azul de Arzúa. Ruth Gómez, exdirectora da escola hospitalaria “Camilo José Cela” do Hospital Clínico de Santiago de Compostela impartiu a tertulia “A inclusión socioeducativa dende unha aula hospitalaria”. Ruth Gomez Vázquez, (mestra, pedagoga, psicóloga e orientadora familiar) relatou a súa experiencia na primeira aula hospitalaria que se creou en España, no antigo Hospital Xeral de Galicia e recompilou anécdotas e consellos para os futuros educadores infantís.


Asanog, Asociación de axuda a nenos Oncolóxicos de Galicia, tivo un papel destacado nesta IV Semana da Infancia na Efa Piñeiral. Laura (psicóloga) e Alba (animadora sociocultural) compartiron cos asistentes información sobre o cancro infantil e xuvenil e a doazón de medula ósea. Presentaron material infantil, contos, que se empregan para informar e axudar a estes nenos e as súas familias. Pola súa banda, o alumnado da Efa Piñeiral organizou unha actividade de voluntariado a favor de Asanog celebrando unha chocolatada solidaria e promovendo a venda de produtos da asociación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Achegar a realidade coa que se van a atopar nas aulas e na súa vida profesional ó noso alumnado de educación infantil é o obxetivo que peseguimos coa organización destas

actividades, pero tamén fomentar entre toda a comunidade do centro a sensibilidade cara o respeto á diversidade, á empatía e o fomento do voluntariado”, afirma Raquel Carregal, directora da Efa Piñeiral.


A proxección das curtas realizadas polo alumnado de educación infantil sobre os dereitos da infancia e un flasmob liderado polos futuros técnicos en educación infantil do centro arzuán completaron o programa de actividades.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page