top of page

A DXT leva a cabo dende onte ata o venres 24 unha campaña de control e vixilancia do transporte escolar

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O 90% dos accidentes teñen lugar no momento de subir ou baixar destes vehículos ou xusto nos instantes inmediatos e, en moitos casos, trátase de atropelos


Ecos da Comarca/Xeral

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas incidiu onte na importancia da seguridade no transporte escolar coincidindo co inicio dunha campaña especial de control e vixilancia destes vehículos que se estende desde onte ata o vindeiro venres, día 24. Durante estas xornadas, e baixo a coordinación da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e as policías locais que se somen a esta iniciativa comprobarán que tanto autobuses como as persoas condutoras cumpran coa normativa establecida na materia, que inclúe, entre outras obrigacións, a necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada nos desprazamentos.

María Rivas incidiu na especial transcendencia desta campaña “debido á gran extensión de roteiros de transporte escolar na provincia, que empregan a diario milleiros de nenos e nenas”. Neste sentido, lembrou que os controis, que se intensificarán en estradas convencionais e en vías urbanas, perseguen o obxectivo de concienciar a familias, responsables educativos e ás persoas condutoras de autobuses da necesidade de cumprir as normas establecidas.


Así, explicou, realizaranse controis de carácter administrativo sobre as autorizacións e documentos que deben ter estes vehículos para a correcta prestación do servizo. Tamén se verificará que as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo son os que esixe a normativa, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución e os tempos de descanso. Entre as condicións de seguridade que deben cumprir todos os transportes escolares, estipúlase a antigüidade máxima dos vehículos destinados a este tipo de pasaxeiros, o seguro de responsabilidade civil ilimitado ou a obrigatoriedade de levar o sinal de transporte escolar.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Seguridade e menores

 De acordo con as estatísticas da DXT, o 90% dos accidentes que se producen durante o transporte escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo, ou xusto nos instantes inmediatos e, en moitos casos, trátase de atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar ou dos acompañantes. Menciona tamén a DXT que unha gran parte dos sinistros con lesións graves están relacionadas coa ausencia do uso adecuado dos cintos de seguridade.


Resultado da campaña anterior

Na campaña equivalente de control de transporte escolar realizada en xaneiro do ano pasado, os axentes do Sector de Tráfico da Garda Civil controlaron 74 autobuses escolares en Galicia, dos que 41 (o 55%) foron denunciados con 71 denuncias formuladas. As irregularidades administrativas son as que maior número de denuncias xeraron, máis de 100. Entre as causas destas infraccións administrativas, destacan non dispoñer da autorización especial para realizar transporte escolar ou non subscribir un seguro de responsabilidade ilimitada, tal e como esixe a lei.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page