top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A DXT leva a cabo dende o 11 ao 17 de marzo unha campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil

Foron 51 as persoas falecidas en accidentes de turismo e furgoneta en Galicia en 2023, das que 26 non levaban posto o cinto de seguridade


Ecos da Comarca/Xeral

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, supervisou este luns o inicio da campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil que desde hoxe e ata o vindeiro domingo 17 de marzo pon en marcha a DXT. Fíxoo nun control na estrada N-550 ao seu paso por Cambre, onde chamou a atención sobre o feito de que no ano 2023 perdesen a vida en accidentes de turismo e furgoneta un total de 14 persoas, das que 8 non levaban posto o cinto de seguridade no momento do sinistro, o que supón o 57% das vítimas neste tipo de sinistros.


A subdelegada destacou a importancia de levar a cabo estas campañas para concienciar á cidadanía sobre o uso do cinto de seguridade, que “é o salvavidas co que contamos en canto subimos a un automóbil e, nese sentido, toda insistencia é pouca cando se trata de frear o número de mortes nas nosas estradas”, apuntou. 

María Rivas lembrou que non levar posto o cinto de seguridade é, xunto coa velocidade e a condución baixo os efectos do alcol, un dos principais factores de risco na estrada. De feito, no centro urbano a posibilidade de resultar ferido grave ou morto é 5 veces menor se leva posto o cinto. 


Estes datos son se cabe máis importantes despois dos últimos accidentes mortais rexistrados nas estradas da provincia e de coñecer o dato de que no ano 2023 perderon a vida en accidentes de turismo e furgoneta un total de 14 persoas, das que 8 non levaban posto o cinto de seguridade no momento do sinistro, o que supón o 57% das vítimas neste tipo de sinistros. Esta taxa é superior á do conxunto da comunidade, onde tamén superou o 50%. Foron 51 as persoas falecidas en accidentes de turismo e furgoneta, das que 26 non levaban posto o cinto de seguridade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para a subdelegada, trátase dun dato “alarmante” e recalcou que un dos principais compromisos do Goberno é asegurar que estas campañas cheguen a toda a sociedade para educar e previr en materia de seguridade viaria e así conseguir reducir o cero as mortes en accidentes de tráfico.


Durante a campaña, haberá un importante incremento dos controis nos que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas Forzas e Corpos de Seguridade, velarán porque todas as persoas ocupantes do vehículo fagan uso adecuado do cinto de seguridade. Ademais, a DXT tamén distribuirá entre todas e todos os condutores uns dípticos nos que se recolle un decálogo de razóns que xustifican o uso do cinto. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A campaña, que se desenvolve entre o 11 e o 17 de marzo, quere inculcar na poboación a enorme eficacia dos sistemas de retención, tanto en adultos como en menores. Desde a Dirección Xeral de Tráfico advirten de que, a 80 quilómetros por hora, un choque frontal sen levar posto o cinto de seguridade adoita comportar o resultado de morte ou lesións graves. Nos envorcos, o cinto alcanza a súa máxima efectividade, reducindo ata un 77% o risco de morte.


A subdelegada do Goberno estivo acompañada pola Xefa Provincial de Tráfico, Vitoria Gómez  e o xefe do subsector de Tráfico da Garda Civil na Coruña, José Curral Segade.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page