A DXT iniciou hoxe unha campaña especial de control e vixilancia do consumo de alcohol e outras drogas ao volante en Galicia
- ecosdacomarca
- 16 dic 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Este luns arrancou unha nova campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico de control sobre control da taxa de alcol e presenza de drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo, 22 de decembro. Dadas as datas nas que nos atopamos, a campaña terá unha especial incidencia nas zonas de turismo e de lecer relacionadas coas datas de Nadal, moitas delas en ámbito urbano, polo que promoverá a implicación dos Concellos e dos seus policías locais.

O obxectivo desta campaña é concienciar sobre os riscos do consumo de alcol e drogas ao volante, que está presente nun terzo dos accidentes mortais como factor concorrente ou causante. Estes datos despréndense da Memoria de investigacións toxicolóxicas en vítimas mortais de accidentes de tráfico do ano 2023, que revela que dos 862 condutores falecidos en España en accidentes de tráfico e sometidos a autopsia e análise toxicolóxica, 431 deron positivo a alcol, drogas ou psicofármacos.
O alcol segue sendo a substancia máis consumida polos condutores falecidos, seguido pola cocaína e o cánnabis. En canto aos 221 peóns falecidos por atropelo, o 42,5% (94 peóns) deu positivo a alcol, drogas e/o psicofármacos. O consumo de alcol ten graves efectos sobre a condución e sobre a sinistralidade. O aumento do tempo de reacción, a subestimación da velocidade, así como os problemas de visión e coordinación son consecuencias da inxesta do alcol.
Publicidade

Os accidentes con condutores ebrios tamén se volven moito máis graves co aumento da taxa de alcoholemia, porque o alcol é un factor relacionado co peor prognóstico das feridas. A campaña insiste en que a única taxa realmente segura é 0,0 g/l. Desde xaneiro a outubro deste ano, a Garda Civil de Tráfico desenvolveu en Galicia máis de 28.000 controis de verificación de alcol e drogas, nos que se efectuaron 605.446 probas de alcol e 8.271 probas de consumo de drogas. Delas, 9.070 probas de alcol deron resultado positivo así como 4.602 probas de drogas.
Publicidade
Resultados da campaña especial de decembro de 2023
Na mesma campaña realizada entre o 11 e o 17 de decembro do ano pasado en Galicia, controláronse 28.799 condutores e resultaron sancionados 597, dos cales 373 foron positivos en alcol e 224, en drogas. Por provincias onde máis positivos detectáronse foi na Coruña, con 235 positivos, seguido de Lugo, con 164, Pontevedra con 113 e Ourense con 85. Destacar que en 29 destes casos (28 por alcoholemia e 1 por drogas), a Garda Civil instruíu dilixencias penais porque os resultados alcanzados nas probas foron constitutivos de delito contra a seguridade viaria.
Commentaires