top of page

A dous meses para a feira forestal Galiforest Abanca supera xa a súa maior superficie nun 12%

Celebrarase do 2 ao 4 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), moi próximo a Santiago


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda segue traballando intensamente na organización da oitava edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 2 ao 4 de xullo no monte instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), moi próximo a Santiago de Compostela.

Unha cita que, a dous meses para a súa celebración, superou xa a maior superficie alcanzada pola feira desde a súa posta en marcha ao contratarse ata o momento 17.247 metros cadrados, un 12,6% máis que a cifra que tamén supuxera un récord na anterior edición, 15.306 metros cadrados.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Un espazo que asegura unha ampla mostra de produtos e novidades e que se espera que medre, xa que o prazo de comercialización aínda está aberto. Do mesmo xeito que o número de expositores, que con toda probabilidade se superarán, dadas as cifras actuais e as xestións aínda abertas con distintas empresas.


Todo isto apunta a unha magnífica edición, que reflectirá unha vez máis tanto o apoio do sector como a súa consolidación como feira forestal de referencia en España.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Un programa dinámico e integrador

De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un atractivo programa de actividades que reforzarán o monográfico como punto de encontro sectorial e que está a ser deseñado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA e o comité do certame baixo dúas premisas.


Por unha banda, o seu carácter dinámico, con protagonismo de demostracións continuadas de maquinaria e talleres formativos. Por outra, o seu valor como foro de converxencia de empresas, profesionais e Administración a través de simposios e asembleas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page