Estas son o factor concurrente no 31% dos sinistros mortais de tráfico
Laura Moure/Xeral
A Delegación do Goberno en Galicia informa do inicio hoxe, luns día 9, dunha campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico destinada ao control e vixilancia das distraccións ao volante. A campaña será realizada pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías locais dos Concellos que se somen e estenderase ata o vindeiro domingo, día 15 de outubro.
A campaña reforzarase nas estradas convencionais e nos tramos máis perigosos e estará coordinada polas Xefaturas Provinciais de Tráfico, que utilizarán o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Ademais, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil nas proximidades, advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.
Publicidade
Esta campaña ten como principal obxectivo sensibilizar no perigo das distraccións ao volante, que son desde 2017 a primeira causa concorrente máis frecuente en sinistros de tráfico nas vías de circulación. Segundo os informes da DXT, as distraccións ao volante estiveron presentes no 17% dos sinistros no ano 2022; ao mesmo tempo que foi factor concorrente no 31% dos sinistros de tráfico con vítimas mortais, principalmente polo uso indebido de dispositivos electrónicos.
Publicidade
Precisamente, o ano pasado en Galicia rexistráronse 6.338 denuncias por distraccións ao volante relacionadas co uso do teléfono móbil, auriculares ou outros dispositivo. O 90% destas denuncias foron por uso do teléfono móbil.
Comments