O goberno local pide a mellora da seguridade na N-547 e trasládalle a necesidade de chan industrial
Laura Moure/Melide
O equipo de goberno municipal de Melide recibiu a visita da deputada socialista no Congreso, Montserrat García, e de Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, para coñecer as demandas do Concello naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.
Asistentes á reunión.
Na reunión, o equipo de goberno insistiu na necesidade de axilizar as melloras pendentes na seguridade viaria da estrada nacional N-547, moi transitada por vehículos e peóns xa que conflúe co Camiño de Santiago.
Por outra parte, o equipo de goberno trasladou a necesidade de chan industrial, así como outras cuestións que preocupan aos veciños e veciñas de Melide. O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde, Jose Antonio Prado, valoraron moi positivamente a reunión de traballo así como a receptividade ás demandas dos veciños e veciñas de Melide.
Comments