top of page

A deputada Montse Prado explica xunto ao BNG de Dozón e Agolada a iniciativa rexistrada sobre o HADO

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Entre outras cuestións, preguntará no Parlamento de Galicia cal é a razón pola que a hospitalización domiciliaria non está operativa nos concellos de Dozón, Agolada e Rodeiro


Laura Moure/Deza

Este martes o BNG reuniuse na localidade de Dozón para presentar a iniciativa rexistrada polo partido nacionalista no parlamento reclamando o servizo HADO (hospitalización domiciliaria) para os concello de Dozón, Agolada e Rodeiro. Asistiron ao acto a deputada Montse Prado acompañada dos candidatos do BNG en Dozón e Agolada, Miguel Docasar Areán e Susana Tato Pampín respectivamente e tamén da actual concelleira de Dozón, Mar Vila López.

O Bloque lembra que o 14 de abril de 2022 nunha visita realizada polo conselleiro de Sanidade e a Xerente da Área Sanitaria de Santiago ao centro de saúde de Rodeiro, anunciaron que o servizo HADO cubría xa toda a comarca dezana, que a prestación que se facilitaba xa aos doentes de Lalín, Silleda e Vila de Cruces, acababa de estenderse tamén aos concellos de Agolada, Dozón e Rodeiro. "Un ano despois estamos vendo como non se dispón nestes tres últimos concellos do servizo de hospitalización a domicilio HADO, estamos constatando a denegación polo SERGAS de peticións de atención a doentes porque non está activo o servizo. Estamos vendo como de novo o Partido Popular só fai manobras publicitarias, vende expectativas, publica información sobre servizos sanitarios á poboación que logo non cumpren", lamentan os nacionalistas.


Máis unha vez, subliña, "é a veciñanza dos concellos máis rurais os que sofren as

consecuencias das políticas sanitarias do Partido Popular, políticas que afonda na

inequidade e desigualdade no acceso ás prestacións sanitarias. Son estas zonas ás que

máis precisan de servizos como o HADO, pola dispersión e o envellecemento da poboación".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Polas razóns expostas formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na Comisión 5a: "Cal é a razón pola que o servizo de HADO non estea operativo nos concellos

de Dozón, Agolada e Rodeiro? Cal é a xustificación de que @s máximos responsábeis do Sergas anuncien a súa posta en funcionamento e un ano despois non sexa unha realidade? Van cumprir o prometido e poñer en funcionamento o HADO nestes tres

concellos? En que data teñen previsto facelo e con que número de profesionais?".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page