top of page

A deputada Montse Prado, acompañada dos candidatos do BNG de Silleda e Cruces, visita Campomarzo

Tamén estiveron presentes a actual concelleira silledense, Tania Cornado, e membros da "Plataforma No ao Vertedoiro en Campomarzo"


Laura Moure/Deza

A deputada do BNG, Montse Prado, acompañada dos candidatos do BNG de Silleda e Vila de Cruces, Erea Rey e Alex Fiuza, realizou unha visita ao vertedoiro de Campomarzo; previo ao debate que terá lugar o vindeiro mércores, 26, ás 16:00 horas no Parlamento galego. Tamén estiveron presente a actual concelleira, Tania Cornado, e membros da “Plataforma Non ao Vertedoiro en Campomarzo”.

Montse Prado explicou os termos da pregunta rexistrada polo BNG que irá ao pleno do parlamento o vindeiro día 26.


Logo do remate do prazo de presentacións de alegacións, os nacionalistas consideran urxente tomar medidas para a restauración do espazo contaminado e impedir ás filtracións dos lixiviados que se están a verter actualmente ao río sen tratamento. Este é un dos puntos que mais preocupación está a xerar entre os veciños, posto que a polémica sobre a instalación dun novo vertedoiro resaltou o grave estado de deterioro do vaso receptor de inertes. Á contaminación existente súmase a degradación da zona pola antiga canteira que provoca unha alteración da acidez dos terreos excavados.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Montse Prado tamén se interesou polo traballo da plataforma e agradeceu a enorme difusión e información que están a realizar. Prometeu todo o apoio posible do grupo parlamentar do BNG para impedir a instalación deste vertedoiro de residuos industriais tan cerca dun río e dun espazo protexido como o de Rede Natura.


Polo súa banda, a candidata do BNG en Silleda, Erea Rey, considera que “os alcaldes deberían adoptar unha postura de rexeiramento total ante este atentado medio ambiental”. Palabras coas que concorda o candidato do BNG en de Vila de Cruces, Alex Fiuza, que incide “na urxencia de tomar medidas para evitar a se siga contaminando a traída de augas de Merza".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page