top of page

A deputada de Cultura e o deputado de Patrimonio visitan o campamento romano do Castrillón en Touro

Laura Moure/Touro

A deputada de Cultura, Natividade González, e o deputado de Patromonio e Contratación, Xosé Penas, visitaron este venres os traballos de escavación, exploración arqueolóxica e toma de mostras que se están realizando no campamento romano situado en San Xoán de Fontes Rosas-Santa María de Loxo, no concello de Touro.

A deputada e o deputado estiveron acompañados polo profesor José Manuel Costa García, que é tamén membro do colectivo Romanarmy, que lles explicou polo miúdo o traballo que están a desenvolver o equipo de arqueólogos que están coordinando.


Publicidade

O Castrillón é o segundo dos recintos investigados dentro do proxecto 'Roma non Finis Terrae', a través do que se busca coñecer como foi a chegada militar de Roma ao occidente de Galicia, no territorio da actual provincia da Coruña.


En xullo, o equipo de investigadores tamén interveu no xacemento de Santa Baia (Soandres, A Laracha), confirmando a existencia dun campamento romano que inclúe no seu interior un castro previo da Idade de Hierro. Este recinto podería tratarse do primeiro castellum romano documentado en Galicia occidental. Esta investigación permitiranos ter un coñecemento importante a respecto das fortificacións da provincia da Coruña, un lugar no que hai abundantes recintos fortificados.


Publicidade

A Deputación da Coruña financia o proxecto "A chegada de Roma ao Finis Terrae" en colaboración coa Universidade de Salamanca. O proxecto contempla a investigación e divulgación de achados arqueolóxicos relacionados con catro campamentos romanos localizados na provincia da Coruña: O Cornado (Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O Castrillón (Touro).


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page