top of page

A Deputación xerou un retorno económico de medio millón de euros con 'Coñece a túa provincia'

14 nov 2023
2 min de lectura

Entre os lugares visitados figuran o a igrexa de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre de Palas de Rei


Laura Moure/A Ulloa

A Deputación de Lugo leva xerado un retorno económico de en torno ao medio millón de euros no sector turístico a través do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia dende a súa posta en marcha no ano 2021. Participaron en total 358 colectivos e case 8.000 persoas, que viaxaron gratuitamente polas distintas comarcas grazas a esta iniciativa, coa que a institución provincial busca fomentar o coñecemento dos recursos patrimoniais lucenses entre os propios veciños e veciñas, ao mesmo tempo, dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.

A igrexa de Vilar de Donas, en Palas de Rei. Autor: Ecos da Comarca.

“Un éxito”, tal e como valorou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen sinalou que “este programa contribúe de maneira moi importante a difundir o enorme patrimonio cultural e paisaxístico da provincia e que xera riqueza dinamizando o turismo, a hostalaría e o comercio”. Engadiu García Porto que as experiencias son en xeral moi positivas e que ”tivemos que ir ampliando as prazas, porque todos os anos queda xente en lista de espera”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Membros da Asociación Aldea Nosa, do Páramo, pecharon esta semana a terceira edición das rutas cunha viaxe a Guntín e Palas de Rei para coñecer diferentes bens patrimoniais, como a igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares, a Ponte Cabalar, a igrexa de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre.

Esta semana tamén participaron no Coñece a túa provincia dúas asociacións de Lugo, a Federación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Avantar e a Asociación Carpe Diem. Os dous colectivos escolleron a Mariña. Os primeiros viaxaron cara Xove e Viveiro e coñeceron o faro de Punta Roncadoira, o Souto da Retorta e o casco histórico de Viveiro, mentres que os segundos escolleron a ruta dos concellos de Alfoz e O Valadouro e visitaron a fervenza do Pozo da Onza, o Castelo de Castrodouro e a Finca Galea.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Neste ano 2023 participaron preto de 3.000 persoas dun total de 142 colectivos. O programa provincial incluíu esta edición un total de 37 itinerarios a elixir por toda a xeografía lucense. A Mariña e a Ribeira Sacra foron un ano máis os destinos máis solicitados polas asociacións e entidades sen ánimo de lucro participantes. As viaxes contaron con guías profesionais, e todas partiron dalgunha das dependencias da institución provincial, como o Pazo de San Marcos, o Mazo de Santa Comba, a Granxa Gayoso Castro, ou a Produtora do Servizo de Audiovisuais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page