top of page

A Deputación supervisa os traballos nas EP-6204 Portela-Antas de Ulla e EP-6201 Rodeiro-Vilela

Contan cun investimento de 230.000 € ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes e cunetas de seguridade na rede viaria provincial


Laura Moure/Rodeiro/Antas

A deputada de Infraestruturas Públicas, Belén Cachafeiro, supervisou en Rodeiro as obras que a Deputación de Pontevedra está a acometer nas estradas provinciais EP-6204 Portela-Antas de Ulla e EP-6201 Rodeiro – Vilela nas que está a investir  235.000 €. Estes traballos están incluídos no acordo marco de cunetas de seguridade e no de conservación de firmes que contemplan un orzamento total para o conxunto da provincia de 6,5 millóns de euros.

foto

Belén Cachafeiro sinalou que na estrada provincial EP-6204 Portela-antas de Ulla estase a realizar unha mellora da rede de drenaxe e da seguridade viaria mediante a construción de cunetas de seguridade, a colocación de tubaxes para drenaxe, a execución de arquetas e o recrecido de pozos en tres tramos de 290 metros á altura de A Ponte, Fondevila e no punto quilométrico 0+400.


En liñas xerais, tal e como remarcou a deputada, trátanse de operacións localizadas para evitar filtracións de auga e danos ao firme, así como  para mellorar a rede de drenaxe.  Ademais, nesta mesma estrada tamén se está a realizar unha actuación de conservación e mellora do firme nun tramo de preto de 1,4 quilómetros, que abrangue dende a reposición da capa de rodadura, ata da sinalización horizontal.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No caso da estrada provincial EP-6201 Rodeiro-Vilela, Cachafeiro sinalou que se está a actuar nun tramo de 60 metros á altura de Outeiro, para construír cunetas de seguridade que permitirán melloren a drenaxe da vía. Ademais tamén se están a realizar obras de conservación do firme nun tramo de 825 metros, con actuacións de saneo, fresado e reposición da sinalización horizontal e da capa de rodadura.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Con estas obras estase a corrixir o estado do pavimento das estradas provinciais con degradacións, tales como pavimentos escorregadizos, deformados ou con fisuras así como a mellorar a drenaxe para ampliar a vida útil das estradas provinciais e garantir a seguridade destas vías tan importantes para a vertebración do noso territorio”, remarcou a deputada provincial Belén Cachafeiro. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page