top of page

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de conservación da EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6204 Portela-Antas de Ulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, percorreu varios tramos de ambas estradas onde se está a traballar ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes


Laura Moure/Rodeiro

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, supervisou en Rodeiro as obras que a institución está a acometer nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6204 Portela-Antas de Ulla e nas que está a investir 175.000 euros. Estes traballos están incluídos no lote 1 do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da institución provincial que contempla un orzamento total para o conxunto da provincia de 4,5 millóns de euros.

Isabel Couselo sinalou que as tarefas a desenvolver nestas dúas infraestruturas de titularidade provincial consiste na reposición da capa de rodadura. Na estrada EP-6201 Rodeiro-Vilela a lonxitude de reposición de firme abrangue 850 metros e unha superficie de 5.500 metros cadrados e na EP-6204 Portela-Antas de Ulla, 1.400 metros e 8.400 metros cadrados. En ambas vías actuarase con aglomerado en quente e, ademais das operacións de mantemento do firme, tamén se realizará a reposición da sinalización horizontal e drenaxe afectadas. Con estas obras corríxese o estado do pavimento en vías provinciais con degradacións, tales como pavimentos escorregadizos, deformados ou con fisuras. 

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A deputada provincial informou de que esta é só unha das actuacións que a Deputación de Pontevedra está a executar nas vías provinciais que atravesan esta contorna ao abeiro do lote 1 do acordo marco de obras de conservación de firmes. Deste xeito, proximamente está previsto que comecen actuacións en estradas provinciais da zona enmarcadas nese mesmo lote como a  EP-6104 Castro-Dozón-Saa- A Rocha, EP-6102 Castro-Dozón-O Irixo, EP-6004 Prado-Vilatuxe e a EP-6403 Cruces-Brocos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page