top of page

A Deputación regresa á tradicional poxa de gando frisón de Feiradeza con animais da Finca Mouriscade

A cita ten lugar no Lalín Arenadende o venres e ata o domingo


Ecos da Comarca/Lalín

A Deputación de Pontevedra participará este domingo 9 de xuño no marco da XXXIX Feiradeza, o Open Internacional de raza frisona, na edición número 15 da Poxa de Gando Frisón, que contará con 21 animais procedentes da Finca Mouriscade. A cita terá lugar no Lalín Arena, onde se celebra a feira dende o venres e ata o mesmo domingo, ás 11:45 horas e non é necesario realizar un rexistro previo para poder poxar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A Deputación volve participar despois de dous anos nunha cita que sempre ten unha gran acollida entre os gandeiros, onde porá á venda vacas cun prezo de saída aproximado de 2.000 euros. Entre os animais, atópanse varias recentemente paridas por vez primeira, vacas de segundos partos con familias moi boas ou excelentes e tamén exemplares de alta produción.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais da poxa, a institución provincial colabora con Feiradeza a través da Finca Mouriscade aportando dúas xovencas preñadas, así como nove lotes de embrións para sortear entre todas as ganderías participantes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page